As asembleas xerais da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, celebradas o día 29 de xuño de 1999 adoptaron, entre outros, o acordo de fusión, de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da Presidencia da Xunta de Galicia, reguladora das Caixas de Aforros de Galicia, de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense quedando esta última caixa disolta sen liquidación e traspasándolle en bloque á Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a título de sucesión universal a totalidade do seu patrimonio, pasando a denominarse esta última Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Ourense.
Ó aborda-la modalidade de integración das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense, estas guiáronse polos principios de racionalidade, economicidade, competitividade e moi especialmente polo de ponderación e equilibrio entre iguais e, de acordo con tales principios, e cos obxetivos de maximiza-lo valor patrimonial da caixa resultante da fusión, preserva-la capacidade operativa e funcional dela e minimiza-los custos directos e indirectos inherentes a todo proceso de fusión, optouse por levar a cabo a devandita integración de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da Presidencia da Xunta de Galicia, que, reguladora das Caixas de Aforro de Galicia na opinión das entidades participantes na fusión, é o máis adecuado ós principios antes indicados de racionalidade, economicidade, competitividade e que non vulnera o de ponderación e equilibrio entre iguais, sendo respectuoso coa historia das
entidades que se integran, co futuro institucional da caixa resultante da fusión e co acordado no Protocolo de Integración subscrito pola Caixa de Aforrros Municipal de Vigo, Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra o 15 de marzo de 1999.
Para os efectos previstos nos artigos 242 e 243 da Lei de sociedades anónimas faise constar expresamente o dereito dos señores conselleiros xerais e dos acredores a obte-lo texto íntegro do acordo e do balance de fusión así como o dereito que asiste os acredores a oporse á fusión das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
Vigo, 22 de xuño de 1999.
Ramón Cornejo Molíns
Caixa de Aforros Municipal de Vigo
Manuel Bermúdez Couso
Caixa de Aforros Provincial de Ourense