Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 19 de maio de 1999, aprobou a adxudicación mediante concurso para a execución dos traballos de asistencia técnica para o desempeño de funcións, segundo establece o convenio de colaboración asinado entre o Concello de Lugo e o Catastro de Lugo, en materia de mantemento catastral relativo a alteracións de orde física e económica e tramitación de expediente tanto de natureza urbana como rústica, por medio deste edicto anúnciase a licitación de acordo coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución dos traballos de asistencia técnica para o desempeño de funcións segundo establece o convenio de colaboración asinado entre o Concello de Lugo e o Catastro de Lugo en materia de mantemento catastral relativo a alteracións de orde física e económica e tramitación de expedientes tanto de natureza urbana como rústica e que comprenderá as actuacións sinaladas na cláusula primeira do prego de condicións.

b) Prazo de execución: o prazo de duración fíxase nun ano, prorrogable tacitamente salvo denuncia expresa das partes cun mes de antelación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: o prezo máximo do contrato será o 10% máis IVE da cantidade que efectivamente se recade a través desta contratación, tanto en período voluntario como en período executivo. No prazo do contrato estarán incluídos tódolos impostos que lle puidesen corresponder.

5. Garantías. Provisional: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 43; 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Registro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

-Domicilio: Praza Maior, 1.

-Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 27 de maio de 1999.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde