Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, con procedemento aberto, do proxecto de pavimentación de accesos a núcleos de poboación. PIEL/99.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: o acceso a núcleos de poboa

ción, incluídos no proxecto do enxeñeiro técnico municipal Brea Villaverde, e mailas melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución: catro meses. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 24.982.214 ptas. Garantía provisional: 499.644 ptas. Garantía definitiva: 999.289 ptas., máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, teléfono 986 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre nº 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre nº 3: melloras ó proxecto, en realización doutros accesos segundo anexo ó proxecto e valoración que se fixa no prego. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten publicados no BOP o 18-6-1999.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado