Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución, formulada polo instructor, no expediente sancionador de incendios forestais IF 255/1998, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 76, do 13-2-1973).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

ANEXO

Expediente: nº IF 255/1998.

Denunciado: Madera Basanta, S.L. (DNI 27.014.141-B).

Enderezo: Eijo Garay, nº 27, Cervo-Burela, Lugo.

Feito denunciado: abandonar un vehículo no monte, marca Ford-Canadá, matrícula LU-6942-C; está prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 18 de maio de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo