Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Mónica, 2695.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que con data do 9 de abril de 1999, se outorgou o permiso de investigación Mónica nº 2.695, de 35 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos termos municipais da Estrada e Silleda, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra