Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.364

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 1999 pola que se modifica a do 21 de outubro de 1998 pola que se convocan axudas económicas para a realización de formación en empresas de alumnos e alumnas que realizan estudios de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos e programas de garantía social.

Por Orde do 21 de outubro de 1998 (DOG do 2 de novembro) convocáronse axudas económicas para a realización de formación en empresas para alumnos e alumnas que cursaban ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos e programas de garantía social.

Sendo necesario incrementa-la contía total das axudas con motivo da implantación de novos ciclos formativos de grao medio e superior que comportan que un maior número de alumnos e alumnas realice formación en empresas,

DISPÓN:

Artigo único.-Modifica-lo artigo sexto da citada orde, na páxina 11.809, onde di: «..., ata un total de 350.000.000 de pesetas»; polo seguinte texto: «..., ata un total de 372.918.167 pesetas».

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria