Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 14 de xuño de 1999, aprobou inicialmente o Plan Especial de Ordenación do Sistema Xeral SU-3 (mercado de maioristas), promovido pola sociedade Mercados Centrales de Abastecemento de Santiago (Mercagalicia, S.A.).

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de planeamento e xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde