Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO de contratación.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 13 de maio do ano en que estamos, o prego de cláusulas administrativas particulares que han rexer na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras do proxecto técnico de pavimentación da praza e accesos igrexa en Parga e pavimentación barrio igrexa e outros en Guitiriz, exponse ó público por prazo de oito días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia (excluídos sábados) na secretaría deste concello, para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Guitiriz, 17 de xuño de 1999.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa

Concurso.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de cláusulas administrativas particulares a contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras do proxecto técnico de pavimentación da praza e accesos igrexa en Parga e pavimentación barrio igrexa e outros en Guitiriz, agora ben, no suposto de producírense reclamacións contra aquel, a contratación aprazarase ata que se resolvan pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Guitiriz.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación praza e accesos igrexa en Parga e pavimentación barrio igrexa e outros en Guitiriz.

b) Lugar de execución: municipio de Guitiriz.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 13.500.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 270.00 ptas.

b) Definitiva: 540.000 ptas.

Tanto a garantía provisional coma a definitiva deberán constituírse en metálico e depositarse na caixa da corporación, admitíndose aval prestado por algún dos bancos, caixas de aforro, cooperativas de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, na forma e condicións e baixo o modelo establecido no Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, sen prexuízo de que non serán rexeitados os modelos de aval axustados á Orde do 10 de maio de 1968, así como contrato de seguro de caución realizado na forma e condicións fixadas no real decreto ultimamente mencionado, con entidade aseguradora autorizada para operar no ramo da caución.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Guitiriz.

b) Domicilio: Xeneral Franco, 42.

c) Localidade e código postal: Guitiriz 27300.

d) Teléfono: 982 37 01 09.

e) Telefax: 982 37 05 56.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia (excluídos sábados).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: G-6-b.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia (excluídos sábados).

b) Documentación que hai que presentar en sobre á parte da proposición:

-Documento nacional de identidade ou fotocopia autenticada.

-Declaración responsable de non estar incursa a empresa na prohibición de contratar conforme os artigos 15 a 20 da Lei 13/1985, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A proba por parte das empresas de non estar incursos nas prohibicións para contratar coa Administración, sinaladas no artigo 20 da dita lei, poderá acreditarse mediante testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos e cando o dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.

-Escritura de poder se se actúa en representación dunha empresa, legalizado, se é o caso, e verificado polo secretario do concello.

-Escritura de constitución ou modificación da sociedade desta natureza sendo suficiente cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea acredita-la súa inscrición nun rexistro profesional ou comercial cando este requisito sexa esixido pola lexislación do Estado respectivo, os demais empresarios estranxeiros deberán acredita-la súa capacidade de obra con certificación expedida pola Embaixada de España no estado correspondente.

As persoas físicas ou xurídicas do Estado non pertencentes á Comunidade Europea, ademais de acredita-la súa plena capacidade para contratar e obrigarse conforme a lexislación do seu estado e a súa solvencia económica, financeira e técnica deberán xustificar mediante informe da respectiva representación diplomática española que o estado de procedencia da empresa estranxeira admite pola súa banda a participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en forma substancialmente análoga, sendo necesario, ademais, que estas empresas teñan aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes para as súas operacións e que estean inscritas no Rexistro Mercantil.

-Documento de cualificación empresarial (DCE) expedido polo organismo competente. Documento acreditativo de clasificación empresarial: G-6-b.

-Os que acrediten acharse ó día do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, nos termos dos artigos 7 e seguintes do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

-Xustificante de ter constituída a garantía provisional.

-Para as empresas estranxeiras, declaración responsable de someterse á xurisdicción dos xulgados españois de calquera orde, para tódalas incidencias que, de modo directo ou indirecto puideran xurdir do contrato con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdiccional estranxeiro que lle puidera corresponder ó licitante.

-As plicas e demais documentos presentados polo propoñente virán reintegrados comforme o disposto na ordenanza municipal reguladora da taxa polos documentos que expidan ou de que entendan a Administración ou as autoridades municipais, por instancia de parte.

c) Lugar e forma de presentación: as proposicións entregaranse en man na Secretaría do Concello de Guitiriz, desde as dez ás catorce horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se autorizan variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Guitiriz.

b) Domicilio: Xeral Franco, 42.

c) Localidade: Guitiriz.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente en sábado.

e) Hora: 14 horas.

10. Outras informacións:

a) Modelo de proposición:

As proposicións para optar a este concurso presentaranse en sobre pechado e asinado polo licitador ou persoa que o represente, no que figurará, ademais do nome do licitador, o seguinte lema:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso aberto das obras do proxecto técnico pavimentación praza e accesos igrexa en Parga e pavimentación barrio igrexa e outros en Guitiriz.

Modelo de proposición:

D/Dona...., profesión...., domicilio...., DNI...., expedido en...., con data do...., en nome propio (ou en representación de...., como acredita por.....) comprométense a realiza-las obras do proxecto técnico pavimentación praza e accesos igrexa en Parga e pavimentación barrio igrexa e outros en Guitiriz en (letra e número) pesetas, IVE incluído, e no prazo de..... (en letra e número) meses, de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas particulares, que acepta íntegra e incondicionalmente, sen salvidade ningunha e comprometéndose á realización, por conta do contratista, de unidades de obra adicional que vaian ser determinadas pola Administración, por importe total de..... (en letra e número) pesetas, valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

Lugar, data e sinatura.

b) Criterios que servirán de base para a adxudicación, por orde decrecente de importancia:

-Unidade de obra adicional, ata dez puntos.

-Ter realizado ou estar realizando obras da mesma natureza para a Administración con informe favorable da dirección técnica, ata oito puntos.

-Prazo de execución, ata seis puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

11. Gastos:

O contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen con motivo dos trámites preparatorios e de formalización do contrato, así como o pagamento dos impostos que graven a adxudicación.

No prezo de adxudicación enténdense incluídos os honorarios de replanteo, inspección, dirección, liquidación e control de calidade, IVE incluído, que será a cargo do contratista, para efectos do que se lle reterá o 4 por 100 do importe líquido da certificación.

Deberá así mesmo aboa-lo contratista-adxudicatario cantos impostos, taxas, etc. (incluso o IVE) se orixinen como consecuencia da formalización e execución do contrato, que se consideran incluídos no prezo por aquel ofertado.

Guitiriz, 17 de xuño de 1999.