Contratación por concurso aberto, para a execución das obras de abastecemento e pavimentación en Valiñas e Alende.
Obxecto: execución das obras de abastecemento e pavimentación en Valiñas e Alende.
Orzamento: 5.497.808 pesetas.
Garantías:
-Provisional: 109.956 pesetas.
-Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.
Prazo de execución: 4 meses.
Información: Concello de Forcarei (secretaría).
Proposicións: poderase presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Forcarei, 3 de xuño de 1999.
Manuel Brea Porto
Alcalde