Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de pan, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 39/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: subministración sucesiva de pan.

II. Orzamento estimado: 18.272.000 ptas. (dezaoito millóns duascentas setenta e dúas mil pesetas)/109.816,93 euros (cento nove mil oitocentos dezaseis euros con noventa e tres céntimos), IVE incluído.

III. Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: un ano desde o 1 de agosto de 1999 ou desde a data da sinatura do contrato, se fose posterior.

VI. Admisión de variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias ofertas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a prestación de subministración, solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas, nos artigos e especificacións que expresamente se admitan nas citadas prescricións.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

IX. Criterios de adxudicación:

-Oferta ecónomica: 50%.

-Calidade dos materiais: 30%.

-Servicio técnico da subministración: 20%.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela