Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores de residuos sólidos urbanos 98/0026 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos (A Coruña).

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran no expediente, remitiráselle ó conselleiro de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación Lei de residuos

sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0026Paulo A. Domingues López

9.502.713

Antonio P. Ríos, 8, Centro Remar, A Coruña

Vertido de mobles usados e outros efectos37.1º 3Leve15.000 ptas. multa

Tipificación Lei de residuos

sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0049José Gallego Torreiro

José Mesa y López, 63-16,

35010 As Palmas de G. Canaria

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º 1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0147M. Humilde Rodríguez Vázquez

O Birloque, 22-1, A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º 1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0192Daniel Máquez Pardo

As Cascas, s/n, 15300 Betanzos

(A Coruña)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º 1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0238Plácido J. Pérez Lodeiro

Grupo da Paz, 10, Lugo

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º 1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0240Alonso Martínez Alfonso

Alameda, 55, Figueiras-Castropol (Oviedo)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º 1Grave250.001 ptas. multa