Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de maio de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00285-I-1998 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte o da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 da Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expi

do, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 20 de maio de 1999.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00285-O-98

PO-0305-T

Autorizacións

Begoña Goris Sisto

Subida Mouriño, 18

36320 Chapela Redondela

(Pontevedra)

Non realiza-lo visado correspondente o ano 1998 da autorización do vehículo e titularidade sinalados no prazo establecido por resolución da dirección xeral de transportes do 19-9-1995 (BOE do 2 de outubro). Servicio público.Art. 46 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-00374-O-98

PO-7483-AE

G.C. Tráfico

Óscar Pazos Sotelo

Rollo, 25

36630 Cambados (Pontevedra)

Transportar froita, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

2-3-1998; 10.53; C-550; 35,600

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-00432-O-98

PO-3833-AC

G.C. Tráfico

José García Gallego

Manolo Martínez, 12-3º A

36210 Vigo (Pontevedra)

Transportar froita, carecendo de tarxeta-visado de transportes (300 kg aproximadamente). Servicio privado, vehículo lixeiro.

4-4-1998; 11; C-550; 131

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-00676-O-98

M-1295-MF

G.C. Tráfico

Eulogio Carlos Sartier Martínez

Rúa dos Cantos, 5

36161 Pontevedra

Realizar transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización. Servicio privado, vehículo lixeiro. Transporta queixos.

21-4-1998; 19.50; N-525;309

Art.103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990 Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-00821-O-98

PO-0425-AF

G.C. Tráfico

Serafín Mouriño Buceta

Xeneralísimo (Mosteiro), 29

36637 Meis (Ponvedra)

Circular transportando area carecendo da tarxeta de transportes. Servicio público.

20-5-1998; 8.44; C-531; 9

Art. 100,b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.