Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do procedemento sancionador de epizootias OU-S-1/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador, por infracción da Lei de 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro) e do Regulamento de epizootias aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), posto que, intentada notificación, o servicio de correos non a puido practicar.

O importe da sanción será ingresado no prazo dun mes en calquera entidade bancaria na conta Tesouro da Facenda galega recadación de multas e sancións, sanidade agropecuaria nº 44/030/03919/6, da Caixa de Aforros Provincial de Ourense mediante a uti

lización do impreso que se lle facilitará na Delegación Provincial desta consellería en Ourense, sita na rúa Florentino López Cuevillas, 4, baixo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento sobre o patrimonio.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 24 de novembro citada, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que coide oportuno.

Coa publicación deste edicto notifícaselle a presente resolución segundo dispón o artigo 20.5º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 24 de maio de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-1-1999.

Interesado: Severino Luis Blanco.

DNI: 16.214.162-J.

Ultimo enderezo coñecido: Vilarmeao, Viana do Bolo (Ourense).

Feitos denunciados: negativa á realización das probas diagnósticas da campaña de saneamento gandeiro correspondente ó ano 1998, no gando ovino da súa propiedade; o propietario carece de libro de rexistro de animais, así como de CEA.

Tipificación da infracción: artigo 113.1º do regulamento da Lei de epizootias. Artigo 8.4º da Orde do 4 de abril de 1997, que establece normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

Sanción: 15.000 pesetas.