Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Vilalba. (Expediente 012-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Enerxías Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Paseo de la Castellana, 95, planta 29, 28046 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Vilalba; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 17 de setembro de 1997, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións e o 29 de decembro de 1998, declaración de utilidade pública, en concreto, e autorización do proxecto de execución do parque eólico denominado Vilalba, de 24,7 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información publica por Resolución do 6 de outubro de 1998, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1996 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOP de Lugo do 26 de outubro; no diario El Progreso do 23 de outubro; no Boletín Oficial del Estado do 28 de outubro, no DOG do 27 de outubro e no diario La Voz de Galicia do 27 de outubro de 1998.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Francisca Castiñeira Cabana alega falta de coincidencia dos lindeiros de varios predios cos lindeiros reais.

Jesús López Novo solicita a expropiación total por entender que o seu predio queda dividido en dúas partes que pola súa reducida dimensión desmerecen o valor dos terreos non afectados.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Made Energías Renovables, S.A. e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 15 de xaneiro de 1999, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

VilalbaVilalba0.608.6504.809.650

0.609.3004.809.000

0.612.0004.807.700

0.611.8064.807.311

0.608.3504.808.500

0.608.1334.809.133

Nº de aeroxeradores: 38

Potencia unitaria por aeroxerador: 650 kW.

Potencia total instalada: 24,7 MW.

Producción anual estimada: 68.295 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.122.240.744 ptas.

Cuarto.-O 18 de maio de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la Declaración de Efectos Ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Non podemos acepta-la alegación de Francisca Castiñeira Cabana porque a delineación dos planos do proxecto refírese ás zonas que serán obxecto de ocupación polas instalacións e non ás lindes das propiedades.

2. Debemos desestima-la alegación de Jesús López Novo por estar sometidos os terreos a expediente de concentración parcelaria.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Vilalba, que se siturará no concello de Vilalba.

Aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

Todo iso de acordo coas condiciones seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contados desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 62.444.815 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.122.240.744 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da devandita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das con

dicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da devandita orde. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 18 de maio de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme ó disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por cualquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Novena.-As vías do parque adecuaranse o máis posible ós viais existentes e no caso de modificarse estes, adaptaranse o máis posible á nova situación.

Contra a presente resolución, que non é definitva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o consellerio de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria