Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dunha serie de servicios de comedor escolar con empresas hosteleiras para o curso 1999-2000.

1. Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación:

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación: prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de cláusulas dos centros escolares públicos que se relacionan e polo importe que se especifica:

1. IES Monterroso (Cód. 27016248), IES Palas de Rei (Cód. 27016352), IES As Mercedes Lugo (Cód. 27006528): dous millóns cento noventa e tres mil pesetas (2.193.000 ptas), IVE incluído.

2. IES Allariz (Ourense) (Cód. 32016339): dous millóns cento unha mil duascentas pesetas (2.101.200 ptas.), IVE incluído.

3. IES Trives (Cód. 32015876) A Pobra de Trives (Ourense): dous millóns trescentas doce mil pesetas (2.312.000 ptas.), IVE incluído.

4. IES Barco (Cód. 32001683) O Barco de Valdeorras (Ourense): dous millóns trescentas corenta e tres mil duascentas cincuenta pesetas (2.343.250 ptas.), IVE incluído.

5. IES Río Cabe (Cód. 27007259) Monforte (Lugo): dous millóns cincuentas trinta e unha mil setecentas pesetas (2.531.700 ptas.), IVE incluído.

6. IES nº 1 (Cód. 32009131) Ourense (Ourense): dous millóns cincocentas noventa e oito mil novecentas sesenta pesetas (2.598.960 ptas.), IVE incluído.

7. IES nº 6 (Cód. 32016455) Ourense (Ourense): dous millóns oitocentas unha mil seiscentas pesetas (2.801.600 ptas.), IVE incluído.

8. IES Lama das Quendas (Cód. 27003151) Chantada (Lugo): dous millóns oitocentas oitenta mil pesetas (2.880.000 ptas.), IVE incluído.

9. IES 12 de Outubro (Cód. 32009116) Ourense (Ourense): tres millóns trinta e seis mil pesetas (3.036.000 ptas.), IVE incluído.

10. IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Cód. 27006541) Lugo (Lugo): tres millóns cento vintenove mil pesetas (3.129.000 ptas.), IVE incluído.

11. CEIP Vilardíaz (Cód. 27014811) Vilardíaz (Lugo): tres millóns cento vintenove mil pesetas (3.129.000 ptas.), IVE incluído.

12. IES nº 1 Sarria (Cód. 27012036) Sarria (Lugo): tres millóns cento vintenove mil pesetas (3.129.000 ptas.), IVE incluído.

13. IES nº 1 Ribadeo (Cód. 27010933) Ribadeo (Lugo): tres millóns cento vintenove mil pesetas (3.129.000 ptas.), IVE incluído.

14. IES Xograr Afonso Gómez (Cód. 27012036) Sarria (Lugo): cinco millóns duascentas vintecatro mil cincocentas pesetas (5.224.500 ptas.), IVE incluído.

15. IES Bande (Cód. 32016340) Bande (Ourense): tres millóns cincocentas oito mil oitocentas pesetas (3.508.800 ptas.), IVE incluído.

16. IES Vila de Cruces (Cód. 36ONVO17) Vila de Cruces (Pontevedra): catro millóns duascentas oitenta e dúas mil setecentas corenta pesetas (4.282.740 ptas.), IVE incluído.

17. IES Celanova (Cód. 32016625) Celanova (Ourense): catro millóns setecentas setenta mil duascentas pesetas (4.770.200 ptas.), IVE incluído.

18. CEIP Eduardo Cela (Cód. 27015979) Triacastela (Lugo): cinco millóns vinteoito mil setecentas cincoenta pesetas (5.028.750 ptas.). IVE incluído.

19. CEIP Viveiro (Cód. 27013648) Viveiro (Lugo): cinco millóns oitenta mil novecentas pesetas (5.080.900 ptas.), IVE incluído.

20. IES Silleda (Cód. 36ONVP16) Silleda (Pontevedra): cinco millóns trescentas oitenta mil oitocentas pesetas (5.380.800 ptas.), IVE incluído.

21. CEIP A Silva (Cód. 15003376) Cerceda (A Coruña): cinco millóns seiscentas trinta e dúas mil duascentas pesetas (5.632.200 ptas.), IVE incluído.

22. CPI Pedrafita (Cód. 27015967) Pedrafita do Cebreiro (Lugo): cinco millóns seiscentas noventa e nove mil duascentas cincuenta pesetas (5.699.250 ptas.), IVE incluído.

23. IES Val do Asma (Cód. 27003175) Chantada (Lugo): seis millóns trescentas trinta e dúas mil cincocentas pesetas (6.332.500 ptas.), IVE incluído.

24. IES Xinzo (Cód. 32015232) Xinzo de Limia (Ourense): seis millóns setecentas trinta e dúas mil pesetas (6.732.000 ptas.), IVE incluído.

25. IES Pontenova (Cód. 27016297) Vilaudriz (Lugo): sete millóns tres mil pesetas (7.003.000 ptas.), IVE incluído.

26. IES A Rúa (Cód. 32016637) A Rúa (Ourense): sete millóns cento quince mil cincocentas vinte pesetas (7.115.520 ptas.), IVE incluído.

27. IES Mª Sarmiento (Cód. 27013636) Viveiro (Lugo): oito millóns novecentas sesenta e tres mil oitocentas corenta pesetas (8.963.840 ptas.), IVE incluído.

28. IES Basanta Silva (Cód. 27013314) Vilalba (Lugo): quince millóns catrocentas noventa e unha mil novecentas vinte pesetas (15.491.920 ptas.), IVE incluído.

29. IES Becerreá (Cód. 27016315) Becerreá (Lugo): dez millóns cento cincuenta e catro mil trescentas cincuenta pesetas (10.154.350 ptas.), IVE incluído.

30. IES Carballiño (Cód. 32003001) O Carballiño (Ourense): dez millóns trescentas trinta e oito mil cento vintecinco pesetas (10.338.125 ptas.), IVE incluído.

31. IES Daviña Rei (Cód. 27007247) Monforte (Lugo): once millóns cincocentas cincuenta e catro mil novecentas cincuenta pesetas (11.554.950 ptas.), IVE incluído.

32. IES Pastoriza (Cód. 270NVP04) A Pastoriza (Lugo): once millóns sesenta e catro mil setecentas corenta pesetas (11.064.740 ptas.), IVE incluído.

33. IES A Pinguela (Cód. 27015311) Monforte de Lemos (Lugo): once millóns duascentas tres mil trescentas dez pesetas (11.203.310 ptas.), IVE incluído.

b) Prazo de execución: curso escolar 1999/2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: de urxencia.

a )Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Garantías.

Provisional: dous por cento do orzamento base de licitación.

Definitiva: catro por cento do orzamento base de licitación.

5. Obtención da documentación e información.

5.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficinas de información).

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Teléfono: 981 54 44 00.

d) Telefax: 981 54 54 43.

5.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: Rosalía de Castro, 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó de publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/nº, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e )Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio: respectivas delegacións.

Localidade: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Data: A Coruña, o cuarto día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Lugo, o quinto día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Ourense, o sexto día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra, o sétimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Cando o día coincida en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

Hora: 9 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria