Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00208-I-1998).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00208-I-1998.

Matrícula: varias.

Denunciante: 32.448.260.

Denunciado: Manuel Luis Mujico Castro.

Último enderezo coñecido: Avda. de Lugo, 32-1º B, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: da análise dos discos-diagrama do aparello de control tacógrafo correspondentes ós vehículos con matrícula C-5915-AJ, C-6122-B km, C-8018-AJ e C-9123-BU, constátase o seguinte: o disco-diagrama do vehículo C-8018-AJ, ten unha anotación final de 58.101 km o día 5-3-1998 e a inicial do día 6-3-1998 é de 59.610 km.

A anotación final do 13-3-1998 é de 63.409 km e a inicial do 14-3-1998 é de 63.654 km.

As anotacións do día 18-3-1998 supoñen unha conducción de 983 km mentres que a conducción real é de só 780 km.

O disco-diagrama do 2-4-1998 ten unha anotación inicial de 75.029 km e tras unha conducción real de só 340 km pasa a 75.648 km o 5-4-1998.

Todo iso referido ó vehículo C-8018-AJ, o cal supón a ausencia dun ou máis discos-diagrama e un total de 2.236 km.

O disco-diagrama do vehículo C-5915-AJ, ten unha anotación final de 291.924 km o 7-3-1998 e pasa a unha inicial de 292.125 km o 8-3-1998.

O disco-diagrama do 18-3-1998 finaliza no 297.036 km iniciándose o do día 19-3-1998 no 297.961 km.

O disco-diagrama do 17-4-1998 finaliza no 308.369 km, iniciándose o día 18-4-1998 no 308.512 km.

Todo iso referido ó vehículo C-5915-AJ, supón a ausencia dun ou máis discos-diagrama e un total de 1.269 km.

O conductor Roberto Casal conduce o vehículo C-9123-BU, o 17-3-1998. O conductor Manuel Rey conduce o mesmo vehículo o 31-3-1998 e o 2-4-1998. O conductor Ricardo conduce o vehículo C-8018-AJ, os días 25, 26 e 27 de marzo do 1998 e o vehículo C-6122-BK os días 10, 11, 12, 13, 15, 16, 18, 22, 23, 24 e 25 de marzo do 1998. Non se xustifica a pertenza á empresa de ningún dos tres conductores citados na relación nominal de traballadores modelo TC-2.

Constátanse os seguintes excesos na conducción máxima bisemanal permitida:

Data: 2/15-3-1998.

Conducción: 99 h.

Exceso: 9h.

% exceso: -20%.

Vehículo: C-9123-BU.

Conductor: César M.

Data: 9/22-3-1998.

Conducción: 83 h 50 min.

Exceso: 3 h 50min.

% exceso: -20%.

Vehículo: C-8018-AJ.

Conductor: J. Munín.

Data: 6/19-4-1998.

Conducción: 101 h 40 min.

Exceso: 11 h 40 min.

% exceso: -20%.

Vehículo: C-8018-AJ.

Conductor: M. López.

Data: 16/2-1/3-1993.

Conducción: 106 h.

Exceso: 16 h.

% exceso: -20%.

Vehículo: C-6122-BK.

Conductor: Mujico.

Data: 23/2-8/3-1998.

Conducción: 99 h 10 min.

Exceso: 9 h 10 min.

% exceso: -20%.

Vehículo: C-5915-AJ.

Conductor: Víctor C.

Hai un exceso na conducción diaria máxima permitada de Víctor C. que o 13-3-1998 realiza unha conducción de 12 h 20 min., no vehículo C-5915-AJ, o que supón un exceso de 2 h 20 min (superior ó 20%) sobre o máximo permitido.

Hai un exceso na conducción diaria máxima permitida de J. Munín, que o 17-2-1998 realiza unha conducción de 12 h no vehículo C-8018-AJ, o que supón un exceso de 2 h (inferior ó 20%) sobre o máximo permitido.

Data: 27-5-1998.

Hora: 12.

Precepto infrinxido: artigo 14 do R (CE) 3821/1985. Art. 200.3º do Real decreto 1211/1990. Art. 6 do R (CE) 3820/85. Art. 6 do R (CE) 3820/1985.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 138.000 ptas.

Resolución recurso: desestimado.