Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3050; XG-344, Santiago-Vila de Cruces-Monterroso, con anexos, por substitución da concesión V-3050; XG-344, entre Santiago e Cruces, con prolongación a Bodaño e anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 26 de abril de

1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á Empresa Lázara, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3050; XG-344, Santiago-Vila de Cruces-Monterroso, con anexos, por substitución da concesión V-3050; XG-344, entre Santiago e Cruces, con prolongación a Bodaño e anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Santiago, A Susana, O Pino, Sergude, cruzamento Rodiño, Rodiño, Forte, empalme de Vilar, Corna, Camporrapado, Vila da Paz, A Baiuca, Ponte Ledesma, Gres, Camanzo, Candañedo, cruzamento Brandariz, Piloño, Carbia, Barral, Cumeiro, Vila de Cruces, Tuiriz, Brántega, Santa Comba, Merlín, Agolada, Trabancas, Amarante, Castro de Amarante, Antas de Ulla, Carreiros, Monterroso, Gres, Cira, Prado, Balboa, Bandeira, Manduas, cruzamento Abades, Campomarzo, Merza, Cortizada, Sabrexo e Vila de Cruces.

* Cira, Dornelas, Piñeiro, Abades e cruzamento Abades.

* Vila de Cruces, Besexos, Oirós, Bodaño, cruzamento San Pedro de Losón, Ponte, Outeiro e Silleda.

* Bodaño, Corpiño, San Pedro de Losón e cruzamento San Pedro de Losón.

* Cruzamento Brandariz, Brandariz e Obra.

* Brandariz e Añobre.

* Candañedo e Bascuas.

* A Baiuca, Bendaña, Rebordaos e Vila da Paz.

*Ponte Ledesma, Noente, Subcira e Camporrapado.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Santiago e A Susana, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre empalme de Vilar e cruzamento Rodiño, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Vila de Cruces e Brántega, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Agolada e Monterroso, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Balboa e Bandeira, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Santiago-A Susana para o tramo Balboa-Bandeira e viceversa.

* De Silleda para os tramos Balboa-Bandeira e A Susana-Santiago e viceversa.

III. Expedicións.

Monterroso-Agolada-Vila de Cruces-Ponte Ledesma-Santiago (77,8 k).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados laborables e días festivos.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

Silleda-cruzamento San Pedro de Losón-Bodaño-Vila de Cruces-Ponte Ledesma-Santiago (60,1 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Silleda-cruzamento San Pedro de Losón-San Pedro de Losón-Corpiño-Bodaño-Vila de Cruces-Ponte Ledesma-Santiago (63,7 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Santiago-Ponte Ledesma-Vila de Cruces (44,7 k)

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados e días festivos.

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables en período lectivo.

Bandeira-Balboa-Gres-Ponte Ledesma (17,5 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Bandeira-Merza-Vila de Cruces-Ponte Ledesma-Santiago (61,7 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ponte Ledesma-A Baiuca-Bendaña-Vila da Paz-Santiago (30 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Ponte Ledesma-Subcira-Camporrapado-Santiago (28,7 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Obra-Brandariz-Añobre-Brandariz-cruzamento Brandariz-Piloño (14 k).

* Unha expedición de ida e volta os luns, xoves e venres laborables.

* Tres expedicións de ida e volta os días 4 e 17 de cada mes.

Bascuas-Camanzo (3,5 k).

* Unha expedición de ida e volta os luns e xoves laborables.

Manduas-cruzamento Abades-Abades-Cira-Gres-Ponte Ledesma (18,2 k).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Vila de Cruces-Bodaño-cruzamento San Pedro de Losón-Silleda (16,8 k).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,8196 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,4370 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,3229 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes