Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de maio de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das ordenanzas do plan parcial do polígono industrial de Toedo, segundo documento corrixido elaborado por Arteplan, S.A. con data de marzo de 1998.

O que se fai público para a súa executividade; contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Pleno Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, se é o caso, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do citado recurso. Se a resolución non fora expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado a partir do día seguinte ó que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Non obstante, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación da presente. E, todo isto, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

A Estrada, 26 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado