Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: desvío liñas en paso inferior e glorieta do Berbés.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: liñas de media tensión, subterráneas, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Beiramar ata L.M.T. ó C.T. frigoríficos Vigo I, de 170 m de lonxitude; desde o C.T. Beiramar ata a L.M.T. ó C.T. J.O.P. Bombas, de 215 m de lonxitude; desde o C.T. Beiramar ata as liñas B.A.L. 726 e T.R.O. 712 ó C.T. mercado O Berbés. R.B.T., subterránea, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Beiramar. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Pontevedra, 3 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra