No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña tramítase o recurso nº 666/99 (IV), interposto por Manuel Vázquez Suárez e Valentina Fernández López contra a convocatoria do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999). En concreto, contra a previsión de que non poderán concorrer ó proceso as persoas con nomeamento en propiedade como persoal estatutario da mesma categoría (base segunda).
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado, como demandados, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos