Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/205-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. seccionamento rúa Ponteareas.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 3.000 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. BAL 718, entre os CC.TT. Manuel de Castro e polígono 12, rematando nun punto da mesma liña, concello de Vigo. Centro de seccionamento na rúa Ponteareas, no centro de saúde, cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra