Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/185-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. polígono 10-Avda. Atlántica I.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 540 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. polígono 10, alimentando en bucle ó C.T. San Rafael, rematando no C.T. Avda. Atlántida I, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5546