Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona a proposta de liquidación contida en actas de desconformidade (A02) pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (López Pérez, José María).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase a proposta de liquidación contida en actas de desconformidade (A02) pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: López Pérez, José María (33.305.758-X); r/ Porvenir 22-Sarria-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; proposta de liquidación contenida en actas de desconformidade (A02).