Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de xuño de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal facultativo do Complexo Hospitalario de Pontevedra durante a folga que se levará a efecto desde as 8 horas do día 24 de xuño ata as 8 horas do día 26 de xuño de 1999.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal facultativo do Complexo Hospitalario de Pontevedra que se levará a efecto desde as 8 horas do día 24 de xuño ata as 8 horas do día 26 de xuño de 1999, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 8 horas do día 24 de xuño ata as 8 horas do día 26 de xuño de 1999 que afecta o persoal facultativo do Complexo Hospitalario de Pontevedra enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, para evitar de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación destes que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores.

Estes criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito.

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-la atención indefectible dos pacientes hospitalizados.

IV. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

V. Atenderanse tamén as consultas urxentes ou preferentes.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoal facultativo:

Facultativos de urxencias o 100%.

Facultativos de garda o 100%.

ServiciosS. mínimos

MañáTarde

Análises clínicas21

Anatomía patolóxica1

Anestesioloxía31

Cardioloxía1

Cirurxía xeral21

Dixestivo1

Endocrinoloxía1

Farmacia1

ServiciosS. mínimos

MañáTarde

Hematoloxía11

Medicina interna12

Nefroloxía11

Neumoloxía1

Neurofisioloxía1

Obstetricia-xinecoloxía21

Oftalmoloxía21

Oncoloxía1

Otorrinolaringoloxía21

Pediatría21

Radiodiagnóstico21

Reumatoloxía1

Rehabilitación1

Traumatoloxía31

UCI11

Uroloxía11

Urxencias33

Ambulatorio Virxe Peregrina

ServiciosS. mínimos

Análises clínicas1

COF1

Radiodiagnóstico1

Casa do mar

ServiciosS. mínimos

Cirurxía1

Psiquiatría1

Uroloxía1

Dermatoloxía1

Ambulatoiro San Paio A Estrada

ServiciosS. mínimos

Análises clínicas1

Oftalmoloxía1

Ambulatorio San Roque Vilagarcía

ServiciosS. mínimos

Análises clínicas1

Radioloxía1