Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.067

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de xuño de 1999 pola que se nomean os membros da Unidade de Referencia dos CMBD sociosanitarios.

Os Conxuntos Mínimos Básicos de Datos (CMBD) son unha agrupación de datos de fácil obtención, orientados a producto e deseñados para tratamento informático, con aplicacións a nivel asistencial, de xestión dos propios centros, de planificación, epidemiolóxico e de investigación. Para que todo isto se poida facer, os CMBD deben reunir unha serie de características, como son exhaustividade, seren elaborados con criterios uniformes de normalización de codificación e persoal con formación homoxénea. Todo isto vén regulamentado na Orde do 23 de marzo de 1999 pola que se crea a Unidade de Referencia dos CMBD sociosanitarios co obxecto de mante-la normalización dos sistemas de información e unificación dos criterios de codificación.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros da Unidade de Referencia dos CMBD sociosanitarios as persoas seguintes:

Presidenta: Mª José Rubio Vidal, subdirectora xeral do Programa de Atención Sociosanitaria.

Secretario: Joan Ribot Margarit, xefe do Servicio de Planificación e Coordinación da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Vocais:

Designada pola Subdirección Xeral do Programa de Atención Sociosanitaria:

Pilar Salinas Buján, xefa da Área de Persoas Maiores.

Designada pola Subdirección Xeral de Información Sanitaria:

Mª Carmen Blanco Ramos, Servicio de Análise de Sistemas de Información.

En representación dos hospitais de media estadía:

Nieves Rodríguez Sánchez, ATS/DUE do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

En representación de Atención Primaria da Saúde:

Peregrina Eiroa Patiño, médica do centro de saúde Pintor Colmeiro de Vigo.

En representación das residencias da terceira idade ou centros de minusválidos:

Inés Cancelas López, ATS/DUE da residencia da 3ª idade de Oleiros.

Otilia González López, ATS/DUE da residencia da 3ª idade Castro Ribeiras de Lea.

Juana Vidal Torres, ATS/DUE do CAMP de Chapela.

Blanca Tena, ATS/DUE da residencia da 3ª idade de Vigo.

Presidenta suplente: Pilar Salinas Buján.

Secretario suplente: Juan Vidal Torres.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde