Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE VERÍN

CORRECCIÓN de erros.-Bases da convocatoria da praza de xerente da fundación.

Advertidos erros no texto do anuncio remitido para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 114, do pasado mércores 16 de xuño de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 7.652, no punto I. Requisitos xerais, onde di: «Acreditar, como mínimo, un ano de experiencia profesional en desenvolvemento local ou comarcal na categoría profesional de licenciado ou equivalente», debe dicir: «Acreditar, como mínimo, un ano de experiencia profesional en tarefas relacionadas co desenvolvemento local».

Na mesma páxina, punto VI.2a), onde di: «... Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados», debe dicir: «Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados. Os cinco candidatos que obteñan maior puntuación na proba escrita serán convocados á proba oral».

Na mesma páxina igualmente, no punto VI.2b), onde di: «Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática que se recolle nos puntos II.a e II.b destas bases. Os 5 candidatos que obteñan maior puntuación e que ademais superen a proba escrita serán convocados á proba oral», debe dicir: «Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática que se recolle nos puntos II.a e II.b destas bases».