Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Faise público, de acordo co sinalado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, que o Pleno do Concello de Vilar de Santos, en sesión realizada o 18 de maio de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias do planeamento de ámbito municipal vixentes.

Contra o devandito acordo, que é firme na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste acordo, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Vilar de Santos, 18 de maio de 1999.

Xosé Antón Jardón da Cal

Alcalde