Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no seu rueiro número 168, situado entre as rúas Doutor Loureiro Crespo, Rodríguez Seoane e de nova apertura, en execución do convenio urbanístico aprobado o 26-11-1998.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o pasado día 27 de maio do 1999 acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no seu rueiro núme

ro 168, situado entre as rúas Doutor Loureiro Crespo, Rodríguez Seoane e de nova apertura, en execución do convenio urbanístico subscrito polo alcalde con data do 26-11-1998, sendo formulado o devandito documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipial de Arquitectura e Urbanismo; o seu sometemento disponse á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 3 de xuño de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral