Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de acondicionamento da rúa Gómez Giménez e zonas anexas.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.006.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 200.120 ptas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 4% do orzamento de contrata.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá, avenida de Madrid nº 2, código postal 27640, Becerreá (Lugo), teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica. Conterá a documentación a que se refiran as bases 11.2 a 11.8, do prego de condicións.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas. Conterá os documentos reflectidos na base 11.3) do prego.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá, avenida de Madrid nº 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas unidades de obra).

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 27 de maio de 1999.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente