En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e na alínea primeira do artigo 138 do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co lo establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédelles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no seu dereito.
En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento
da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 24 de maio de 1999.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-83/510 (Exped. Desaf. P-020/1999).
Conta: 4.
Nome: Francisco Rivas Rivas.
Enderezo: r/ Martínez Garrido, 71-4º A. (Vigo).
Importe débeda: 1.261.322 ptas.
Expediente: PO-83/060 (Exped. Desaf. P-063/1999).
Conta: 80.
Nome: Mª Carmen Couceiro Dios.
Enderezo: r/ Bélxica, 7-4º D (Pontevedra).
Importe débeda: 747.253 ptas.
Expediente: PO-83/060 (Exped. Desaf. P-064/1999).
Conta: 95.
Nome: Mª Carmen López Bralo.
Enderezo: r/ Bélxica, 9-4º C (Pontevedra).
Importe débeda: 1.074.556 ptas.
Expediente: PO-83/400 (Exped. Desaf. P-066/1999).
Conta: 37.
Nome: Jesús Gabarre Borja.
Enderezo: r/ Alexandre Bóveda, 8-1º A. (Vigo).
Importe débeda: 954.511 ptas.