Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/189-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Pontevedra.

Denominación: L.M.T. Mollabao-R. Peña-P. Xustiza.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: tramo I-L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 550 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C. reflexión Mollabao ata a L.M.T. existente Xeneral Rubín-C.T. Paramios. Tramo II-L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 175 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Xeneral Rubín-C.T. Paramios ata a L.M.T. ó C.T. Pazo de Xustiza. Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra