Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.036

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Víctor Fernández Freijanes (praza 1576/1998).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Víctor Fernández Freijanes, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Víctor Fernández Freijanes, profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comu

nicación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela