Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.029

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de xuño de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente.

Advertidos erros na Orde do 2 de xuño de 1999, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, publicada no Diario Oficial de Galicia número 113, con data do 15 de xuño de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 7.579, no último parágrafo do artigo 5, onde di: «unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederán á adxudicación do posto», debe dicir: «unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto».

No anexo I da mesma páxina, na columna onde di: «c. destino», debe dicir: «complemento específico».