Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 8 de xuño de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública

de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.

Sexto.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Sétima.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Código do posto: AG.C99.30.201.15770.001.

N.: 26.

C. Espec.: 1.362.924.

Grupo: A/B.

Corpo: xeral/especial.

Denominación do posto: xefe de Área VI-Santiago.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulac. académica/formación específica: ---.

Código do posto: AG.C99.40.301.15120.001.

N.: 26.

C. Espec.: 1.362.924.

Grupo: A/B.

Corpo: xeral/especial.

Denominación do posto: xefe de servicio-director escola-Sergude.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: Boqueixón.

Titulac. académica/formación específica: 667.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 8.026.