Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 7.995

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de maio de 1999 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Advertido erro, na devandita orde, publicada no DOG nº 114, do mércores, 16 de xuño de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

-Na páxina 7.604, no Anexo; Ficheiros Dependentes da Dirección Xeral de Relacións Laborais, no apartado: 3. Ficheiros: prohibidos en casinos; debe engadirse ó final deste apartado o seguinte texto:

«Servicio ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Interior».