Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.987

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO polo que se fai pública a composición dos tribunais e maila data dos exames correspondentes á convocatoria de prazas de persoal laboral fixo publicada o 10 de maio de 1999.

No Diario Oficial de Galicia do 10 de maio de 1999 (DOG nº 88) fíxose pública unha convocatoria de probas selectivas para cubrir prazas de persoal

laboral fixo da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, de acordo co establecido na Lei 10 /1996 do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Para xulga-las probas establecidas nas bases da convocatoria establécese a existencia de dous tribunais, coa seguinte composición:

Tribunal nº 1: grupos A e B, correspondentes ás categorías de médico xeral e axudante técnico sanitario (ATS/DUE).

Membros titulares:

Presidente: Roberto García de Villaescusa Collazo, director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Secretario: Miguel Camacho Díaz, xefe do Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Vocais:

Rafael Mareque Otero, administrador da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Carlos Areal Méndez, responsable da Unidade Funcional de Hemodoazón da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Un vocal designado polo comité de empresa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Membros suplentes.

Presidente: Rafael Mareque Otero, administrador da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Secretario: Julio Flores Pérez, responsable da Unidade Funcional de Promoción da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Vocais:

Jaime Varela Santamaría, médico xeral da Unidade de Aférese da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Azucena Castrillo Fernández, responsable da Unidade Funcional de Fraccionamento da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Un vocal designado polo comité de empresa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Tribunal nº 2: grupos C, D e E, correspondentes as categorías de técnico especialista de laboratorio (TEL), promotor da doazón, técnico de informática, auxiliar administrativo, auxiliar de enfermería/laboratorio e conductor/celador.

Membros titulares:

Presidente: Roberto García de Villaescusa Collazo, director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Secretario: Miguel Camacho Díaz, xefe do Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Vocais:

Rafael Mareque Otero, administrador da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

María Teresa Sabio Ferreño, administrativa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Un vocal designado polo comité de empresa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Membros suplentes.

Presidente: Rafael Mareque Otero, administrador da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Secretario: Adolfo Eiras Martínez, responsable da Unidade de Control de Calidade da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Vocais:

Edicta Rodríguez García, administrativa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

María Jesús Castelos Couceiro, administrativa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Un vocal designado polo comité de empresa da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

As probas realizaranse nas datas, lugares e horas que se citan a continuación:

Para as categorías de médico xeral, axudante técnico sanitario (ATS/DUE), técnico especialista de informática, técnico especialista de laboratorio (TEL), promotor da doazón, auxiliar administrativo e auxiliar de enfermería/laboratorio, o exame terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, situada na Avda. Xoan XXIII s/n a partir das 8.45 horas do día 26 de xuño de 1999.

Para a categoría de conductor/celador o exame será no Centro de Transfusión de Galicia sito na Avda. Monte da Condesa s/n en Santiago de Compostela a partir das 8.45 horas do día 28 de xuño de 1999.

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade e mais do justificante de pagamento dos dereitos de inscrición.

Infórmanse os aspirantes que formalizaron a súa matrícula para as ditas probas que poden consultar a lista de excluídos no teléfono 981 16 73 04 das 9 ás 15 horas e mais no taboleiro de anuncios do Centro de Transfusión. Se por calquera motivo o aspirante non figura na listaxe, ou non ten resolución da súa reclamación, poderá presentarse ós exames provisto do xustificante de pagamento dos dereitos de inscrición en datas posteriores, se se resolve a situación do aspirante e cumpre os requisitos da convocatoria, procederíase á corrección do exame.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1999.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro de

Transfusión de Galicia