Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para ampliación de zona de equipamento sanitario en Torre-Dorrón.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión celebrada o día 7 de maio de 1999, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para ampliación de zona de equipamento sanitario en Torre-Dorrón.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a modificación aprobada deberá publicarse no BOP ou documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia

na Coruña, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Sanxenxo, 24 de maio de 1999.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde