Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (Ref. 1160).

En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: negociado de vías.

c) Número de expediente: Ref. 1160.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: rede de sumidoiros e depuración de residuais en Cima da Costa.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 9 de marzo e DOG do 22 de marzo de 1999.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 21.739.642 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 6 de maio de 1999.

b) Contratista: Manova, C.S:

c) Importe de adxudicación: 17.685.199 ptas.

Ourense, 13 de maio de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde