Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o mantemento integral das máquinas reveladoras láser deste complexo hospitalario. (C.P. 115/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artículo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: mantemento integral das máquinas reveladoras láser do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Orzamento: 6.000.000 de ptas. (36.060,73 euros).

Garantía provisional: 288.000 ptas. (1.730,91 euros).

Lote 1: mantemento integral máquinas reveladoras láser.

Orzamento: 6.000.000 de ptas. (36.060,73 euros).

Garantía provisional: 288.000 ptas. (1.730,91 euros).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio de licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

-Condicións do servicio: 40%.-Experiencia acreditada: 30%.-Oferta económica: 30%.

Respecto ás condicións do servicio valoraranse os seguintes aspectos: dispoñibilidade da empresa, medios humanos e materiais cos que conta, particularmente os que se asignarían á execución do contrato, melloras adicionais sobre as condicións mínimas esixidas no anexo I: prego de prescricións técnicas; así como calquera outro punto da mesma orde e que permita xulga-la calidade coa que se levaría a cabo a prestación do servicio.

En canto á experiencia acreditada polos licitadores, valoraranse os servicios prestados que estes xus-

tifiquen, en tanto presenten unha dimensión e unhas condicións técnicas similares ó presente.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 7 de xuño de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña