Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza das oficinas do servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo : ente público Portos de Galicia, praza de Europa nº 5 A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente : servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC. SERV-02/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

b) Lugar de execución: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Prazo de execución: un ano prorrogable por outro máis.

3. Modalidade de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 1.700.000 ptas., (IVE incluído ) ó ano.

5. Fianzas.

a) Fianza provisional: 2%, orzamento de licitación: 34.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4%, orzamento de licitación: 68.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, nº 5 A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, código postal 15707.

Teléfono: 981 54 45 02.

Telefax: 981 54 53 57.

Data límite de obtención de documentos e información: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificados no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Apertura das ofertas: na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 deste anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte á fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou en sábado, o prazo será prorrogado ata as 12 horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios do ente público Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa 5 A-6º, Santiago de Compostela, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia