Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de maio 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores PO-1568-97 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a con

tinuación, a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-1568-97.

Denunciado: José Manuel Dorado Lafuente.

Enderezo: Porta Cacheiras, 8-Vilamaior-Vilanova Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.1º 6.3º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.000 ptas.

Nº de expediente: PO-0891-98.

Denunciado: Manuel García López.

Enderezo: Estonllo, 1º B-O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.9º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 75.000 ptas.

Nº de expediente: PO-1005-98.

Denunciado: Miguel Ángel Fernández Estévez.

Enderezo: Salcedo Cancela, 25-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 30.000 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo. C/C número 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 20 de maio de 1999.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo