Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/53-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arbo II.

Situación: Arbo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. Frieira-As Neves ata o C.T. que se proxecta en Arbo II, concello de Arbo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.660 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. R.B.T., aérea, de 165 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón desde o C.T. existente de gasolineira Arbo. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. caseta de Arbo. R.B.T., subterránea, de 30 m de lonxitude con conductor tipo R.V. desde o C.T. Arbo II.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 11 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra