Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.881

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, dos tribunais número 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 1998), sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión conxunta celebrado o día 11 de xuño de 1999, os tribunais nº 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición se realice o día 29 de xuño de 1999, ás 17 horas, na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para a realización do exame abriranse ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

Jaime Bouzada RomeroJosé A. Fernández Vázquez

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 3