Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a construcción da fase II do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (A Coruña), mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64, do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 26 71. Fax 981 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: construcción da fase II do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (A Coruña) por un importe de 2.127.358.501 ptas. (IVE incluído).

3. a) Lugar de execución: Ferrol (A Coruña).

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 28 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia fase II Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (A Coruña). Chamar á División de Recursos Económicos do Sergas, Servicio de Xestión, teléfono 981 54 18 38.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 21 de xullo de 1999.

b) Enderezo á que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Caetano bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) De se-lo caso, persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 2 de agosto de 1999, a partir das 10 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas-San Caetano-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (empresas españolas dispensadas Real decreto 1883/1979).

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades: 1999: 25.000.000 de ptas.

2000: 500.000.000 de ptas.

2001: 750.000.000 de ptas.

2002: 852.358.501 ptas.

10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión, Subdirección Xeral de Investimentos, División de Recursos Económicos do Sergas. Telf. 981 54 18 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: 25-3-1999.

17. Data de envío do anuncio: 15 de xuño de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos