Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 157SA/99 e 180SA/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, da que se poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ous propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 9 de xuño de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 157SA/99.

Denunciado: Nimo Rodríguez, Antonio.

DNI: 33.216.588-B.

Último enderezo coñecido: Agra-Cornanda. Brión-A Coruña.

Feito denunciado: ter no mercado de Amio un animal da especie bovina identificado cun só crotal auricular.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5 do R.D. 205/1996, 4 do Regulamento (CE) nº 820/97, 2 do D. 85/1998, en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 180SA/99.

Denunciado: Fernández Fernández, José.

DNI: 35.997.570.

Último enderezo coñecido: Enrique Granados, B. 41-portal 15-1º Ferrol-A Coruña.

Feito denunciado: dirixirse á feira de Moeche con seis eguas y un cabalo, carecendo da guía de orixe e sanidade pecuaria e tamén do pasaporte ou descrición necesaria.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 64 do Regulamento de epizootias, 1 do D. 355/1994, 1 da Orde 4-4-1997, en relación co 212 do mesmo regulamento, e Art. 7.3º do D. 355/1994, en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 26.000 ptas.