Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de tres vehículos do grupo B para a súa adscrición ó servicio dos delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, Ourense e Pontevedra.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 4/99.

Obxecto do contrato: subministración de tres vehículos do grupo B para a súa adscrición ó servicio dos delegados provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Prazo de execución: 5 días a partir da sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: o orzamento máximo para esta contratación é de doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.) IVE incluído, tendo en conta que parte do prezo se pagará en especie coa entrega de tres vehículos «BX» valorados nun total de 1.455.000 ptas.

Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato (240.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio