Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., Granxa Coren en Nocedo de Ribeira.
Situación: Os Blancos.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.594 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en poste de formigón da L.M.T. a Granxas de Nocedo e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Nocedo de Ribeira.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 24 de maio de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense