Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. Campoleiro, concello de Sober. (Expediente 11/1998).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentaran alegacións nin oposición o trazado da liña en fase de información pública.

Vista sobre o terreo trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada, entendendo que as demais observacións non teñen entidade suficiente para paraliza-la tramitación do expediente.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

L.M.T. aérea de 20 kV con orixe no apoio nº 50 da L.M.T. a Monforte e remate no C.T. Campoleiro, de 0,693 km de lonxitude, conductor LA-56/54,6 mm e nº apoios/tipo 5/H.

C.T. intemperie, sito en Campoleiro, de 50 kVA, 20.000-380/220 V.

R.B.T. aérea, con orixe no C.T.A.Campoleiro e cunha lonxitude de 1,09 km e nº apoios/tipo 19/H.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 23-7-1998, entendendo que os extremos que se recollen nel non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, á ocupación do predio, contido nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 29 de marzo de 1999, DOG do 26 de marzo de 1999 e no diario El Progreso do 10 de marzo de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de

alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Lugo, 19 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo