Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/361-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ramón Cabanillas.

Situación: Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña CAG 8.04 entre os CC.TT. Pontillón e axencia Moaña, rematando no C.T. que se proxecta na rúa Ramón Cabanillas, concello de Moaña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aéreo-subterráneo de 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V., e 15 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 5 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra