Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobredafonte.
Situación: Cerceda.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 248 m de lonxitude, con orixe na liña Mesón do Bento-Alto da Vila (expediente. 51612) e remate no C.T. Sobredafonte, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Sobredafonte, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 525 m de lonxitude. Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 19 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña